viernes, 26 de diciembre de 2008

Manifesto "Terra incógnita"

“ Voici mon secret

Il est très simple:

On ne voit biem qu´avec le coeur

L´essentiel est invisible pour les yeux”

“ Eis eiquí meu segredo

É ben doado:

Non se ve ben se non se mira co sentimento

O esencial é invisible aos ollos”

- O Principiño -

(Antoine de Saint Exupéry)

É ese o segredo, mirar non só cos ollos, senón tamén co sentimento, e o segredo ten un mestre que vai da Historia á Pprehistoria, dos Antergos a Altamiro.

O mestre é Altamiro, e como él, a través da natureza achégome ao espíritu humano. A súa arte floreceu como unha semente no contexto do seu tempo, foi útil na súa mensaxe animista é perdurou a través dos tempos, cultivou a súa maxia e fructificou no devenir da historia humana.

A arte é a xerminación da semente, da floración, da fructificación, e de novo o espallamento da semente, do sentimento que vai ligado ao ciclo vital da terra, do planeta. É a confluencia circunstancial dos elementos.

Para nós, (o meu mestre e o seu aprendiz) a arte non é producción, non é cultivo intensivo, non é fabricación en serie, non é oferta, non é creación de demanda, non é mercado. Xa que non sempre o valor das cousas mídese por o homocentrismo, por o home centro do universo e lexislador dos valores.

O universo é o todo onde o home é unha pequena partícula, nin tan siquera é dono do seu tempo.

O tempo da civilización do home é o futuro deseñado por xeracións pretéritas e que viven as xeracións presentes, que a súa vez deseñan o futuro das xeracións vindeiras.

O tempo do homocentrismo, do home-civilización, do home centro do universo e lexislador de valores é virtual, non é real, é o vieiro rumbo a nada.

E no camiño, na beira e loitando por sobrevivir, o fluír natural do eterno presente da natureza, os supervivientes do todopoderoso ombrigo do home, as flores que resisten ao asfalto, as montañas que pouco a pouco se transforman en cemento, os ríos que forman decorados “Hollywoodienses” e as especies cuxos individuos van un tras outro despedíndose da faz da terra, pois só hai sitio para un só Deus avarento e destructor.

O artificioso mundo homocéntrico do home vai destruíndo a natureza, como o reino da nada do conto da “Historia interminable” do escritor xermano Michael Ende vai devorando o país da fantasía.

O ser humano non é nada sen a natureza, se a debora, remata deborándose a si mesmo, e entón xa non será nada, será vacío, será un “ser” extinguido.

Todo o que somos se non queremos deixar de selo, está no mundo da natureza e os seus universos.

Remato este manifesto da terra incógnita, dicindo que entendo a arte como o achegamento do espírito humano ao espello non de si mesmo, senón dende o espello do universo no que tan só somos unha mota de po, pero a través do cal só poderemos atoparnos con nós mesmos.

¡OLLAMOS!

E VEMOS O QUE IMAXINAMOS

JORGE ESCUDERO SARMIENTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario